Queremos compartir con todos e todas vós, os vídeos que fixemos no día da Poesía, que foi o 21 de marzo.
Os rapaces e as rapazas de 1º e 2º aprendemos o poema "O arco da vella" e os de 3º aprenderon "O Sol" de Manuel María, xa que este ano estivemos traballando e investigando sobre o tema da luz.
Tamén decoramos os chanzos do noso cole cos versos destas poesías, que vos parece?
Esperamos que vos gusten moito!
Bicos e apertas!
Tamén podedes ver estes vídeos no noso blog de normalización